O Coro

Membros

Sopranos
  • Carla Gil Quintero
  • Maria Luisa García Martinez
  • Rosa Jorge Bravo
  • Teresa Frieiro Soto
  • Isabel Lopez  Frieiro
  • Marta Varela
  • Ana Belen Freijomil Gonzalez
  • José Fina Illanes del Rio
  • Maria Souto Garcia
  • Dana Rodríguez
  • Silvia
  • Maria Rodriguez Fuertes
  • Alicia del Rio Lopez
Contraltos
  • Antía López
  • Carmen López-Dafonte
  • Cristina López
  • Natalia Permuy Martinez
  • Belén Bustabad
  • Pilar Ares
  • Rosa Couce
  • Laura Doce
  • Gloria Margaride
  • Marí Carmen Figueiras
  • Ariadna Garcia del Rio
  • Maria José  Puente
Tenores 
  • Emilio Beceiro
  • Jesús Argiz
  • Jesús Rodríguez
  • Luis García
  • Daniel Valiño
  • José Luis López
  • Domingo Noya Vilansanchez
  • Ricardo Blanco

Baixos
  • Fernando Díaz
  • Alberto Rodriguez
  • Alejandro Porto Andion
  • Salvador Pernas
  • Victor Gacio
  • Gerardo Pais Antiquera
  • Xose Salvador Fernandez Perez

                                                                              Historial Coro Diapasón

   No verán do ano 2010 coinciden nun obradoiro de música Coral contemporánea que se celebra en Ferrol , os integrantes de dous coros que se están formando nesa mesma cidade , un deles xuvenil , co mesmo director . A boa comunión entre ambos grupos fai que se unan e o resultado recibe o nome de Diapasón .

   Como tal debuta xa no 2011 e dende entón efectúa concertos por toda a provincia da Coruña e outros lugares de Galicia, nos que vai mostrando un repertorio que combina música popular e académica, pero toda ela baixo o denominador común de estar creaba por compositores nados principalmente no século XX .

   Dende 2012 comeza a actuar polo resto de Galicia e tamén fora dela , destacando até a data concertos en Xixón , Valladolid , Sevilla , Vitoria , Almendralejo (Badajoz) , Trujillo (Cáceres) , Poboa de Sanabria, Benavente (Zamora) , Arenas de Cabrales (Asturias) , Hecho e Jaca (Huesca) , Vila do Conde , Guimaraes, Oporto e Lisboa (Portugal) , Toulouse (Francia) .


   En 2015 o coro participou no pregón da Semana Santa Ferrolana declarada de Interese Turístico Internacional .


   En outubro de 2017 o coro realiza unha xira que o leva a Portugal e Francia dando concertos na cidade de Oporto e Toulouse . Na cidade francesa é invitado polo cónsul de España para participar no Día da Hispanidade que se celebra no "Salón dos Ilustres" do concello de Toulouse e coa presencia , ademáis do alcalde da cidade , o director do Instituto Cervantes e diversas autoridades . O coro é tamén convidado  na cidade francesa para ofrecer un concerto na Casa de España nunha cerimonia moi emotiva con númerosos españois no Día da Hispanidade .

 

   O Coro Diapasón leva participando durante catro anos na Rede Cultural da Deputación Provincial e no programa Ferrol Escena .

 

   Outro aspecto importante a destacar do coro Diapasón e a organización de concertos e certames corais na cidade de Ferrol , nos que ademáis de actuar el propio coro , ofrece ao público ferrolan as actuaciones de outras agrupacións corais tanto a nivel nacional como internacional .


A organización deste certames e concertos teñen un caracter temático adicados a cinco estilos moi distintos dentro da música coral  .No ano 2022 , Diapasón organiza a 5ª Mostra de Música Galega , o 2º Certamen de Música Contemporáanea , e o 1º Ciclo de Música Sacra adicada á música relixiosa de todos os tempos .


O día 1 de Outubro de 2021 , o Coro Diapasón recibe da Sociedade Artística Ferrolana (SAF) , o premio da música " Gregorio Baudout " 2020 que por motivos da pandemia non foi posible entregar o ano anterior .


Diapasón e unha interesante mestura de persoas de diferentes idades . Na Actualidade está formado por 42 componentes aínda que está inmerso nun constante proceso de crecemento .

 

                                                                             

                                                                      


                       Director e fundador do Coro Diapasón:     Juan M. Brage Rabina


   Director de coros e compositor nado en Mugardos (A Coruña) en 1965 . Licenciado Superior , cursou os seus estudos nos conservatorios da Coruña , León e Madrid . Estudou dirección Coral con algúns dos máis prestixiosos directores do noso país , entre os que se atopan Javier Busto ou Xulio Domínguez .

   Dirixe coros dende 1987 , a máis de 25 agrupacións corais en Ferrol, A Coruña e as súas bisbarras . Con algunhas delas conseguiu varios premios en certames galegos e do resto de España . Fóra das nosas fronteiras , realizou concertos cos seus coros en Portuga l, Francia , Italia , Bélxica , Holanda , Alemaña e República Checa .

Ademais é guitarrista, cantante e arreglista. Traballou como músico de estudo en máis de 250 gravacións. Foi membro cantante do grupo vogal Nois, da Coruña, e do grupo vogal Yoop, de Madrid. Así mesmo, arranxou para coro máis de 100 obras e para grupo vogal unhas 40.